Gustanme bastante as sagas inda que non de todos os temas. Por exemplo, estou espectante á espera de que se rode a segunda parte da peli de acción Salt, o final quedou medio aberto e rumoréase unha segunda parte. Cousa que toca Angelina Jolie convértese como por hábito nun éxito. O papel de axente secreta íbaselle dar a un actor pero finalmente Jolie reclamou con interese o papel; creo que foi un acerto.
Por outra banda, agora mesmo temos en cartelera a quinta entrega de A Todo Gas. Vin Diesel segue a facer un papel vital para que a peli teña emoción; o actor Paul Walker suscita emoción entre o público feminino e Jordana Brewster (Mia), entre o masculino. A min encántanme a maioría dos filmes desta interminable saga inda que non en todos os aspectos. O papel da muller queda moi limitado e merma a un mero adorno. Non sempre ocorre así se falamos da antiga co-protagonista: A Leti. A eliminación desta personaxe na cuarta entrega non sentou ben entre os fans da saga automobilística. De feito, na quinta parte adianto que, hai noticias da pequena e vital Leti.
O meollo das pelis de A todo gas céntrase nos coches, nas relacións amorosas e na ubicación. Nas últimas entregas dasenos a coñecer os países mundiais que mellor acollen o Tunning. Ainda así o verdadeiro protagonista é o clásico Mustang de Toretto.
Eu son unha seguidora destas pelis polos coches e polo papel que facía o volante o personaxe de Leti. Xa non ten tanto sentido sen ela unha saga chea de conductores na maioría masculinos. Esta entrega ten elementos elaborados como o feito de que se rodara en Brasil e que sexa falada en portugués polos habitantes de Rio de Janeiro. Recomendoa porque os coches non defraudan. Ademais a actriz española Elsa Pataky fai un papel inda que non moi interesante .
Interesante artigo para coñecer novas pelis.
ResponderEliminarRiqueza na variedade... Máis ganas aínda nos das de ver esa peli e, no meu caso, as anteriores, xa que me perdín dúas :P
ResponderEliminar